Sunday 19 de May de 2024

A Xunta destaca a colaboración con Acopros para mellorar a calidade de vida das persoas xordas


A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, coñeceu hoxe de primeira man os servizos e programas que desenvolve a Asociación de Colaboración e Promoción das Persoas Xordas (Acopros), tras manter unha reunión cos seus responsables. Begoña Abeijón puxo en valor o traballo que realiza esta asociación para mellorar o benestar e a calidade de vida dos seus usuarios.

A Xunta colabora con Acopros a través das axudas que concede a entidades sociais con cargo ao 0,7% do IRPF. Así, a Consellería de Política Social e Xuventude financia o programa de rehabilitación logopédica que esta asociación ten en marcha, así como o servizo de atención e apoio a familias.